Wednesday 15 de May de 2024

Monicreques para todas as idades


‘Unha viaxe pola cultura’, o programa de actuacións e espectáculos que cada mes de agosto organiza o Concello de Ordes, continúa a súa andaina. Nesta ocasión foi a quenda para uns monicreques do máis inquedos que, na tarde de onte, viviron unha chea de aventuras e situacións coas que desfrutaron na Alameda nenos, nenas e persoas maiores.